
Descrición: Descubre o fascinante mundo da robótica nun obradoiro único que combina aprendizaxe, creatividade e diversón. Adaptado ás idades e niveis dos participantes, este taller emprega ferramentas como LEGO (EV3, Spike e WeDo), Micro:bit e Arduino para achegar a tecnoloxía dunha forma práctica e entretida.
Actividades principais:
- Montaxe e programación de robots.
- Experimentación con sensores e motores.
- Resolución de retos en equipo.
Beneficios:
- Fomenta a creatividade e o pensamento lóxico.
- Introduce conceptos tecnolóxicos de forma interactiva.
- Desenvolve habilidades de traballo en equipo.
Duración: 2 horas.
Idade recomendada: De 6 a 16 anos.
Participantes: Grupos de ata 20 nenos/as.