Obradoiro: «Autos Tolos» – Ciencia e Creatividade en Movemento

 

Benvidos ao mundo dos «Autos Tolos», onde a imaxinación non ten límites e a ciencia se combina coa diversión!, neste obradoiro os participantes deseñarán, construirán e competirán cos seus propios vehículos «tolos». Non hai regras fixas, só unha: que o teu coche sexa único e teña o teu toque persoal! O noso auto levará un motor eléctrico, unha batería e rodas, o demáis queda a túa creatividade…


Que faremos no obradoiro?

  1. Creatividade en acción:
    • Cada participante deseñará o seu propio prototipo, combinando materiais de reciclaxe e tecnoloxía básica.
    • Exploraremos como funciona o movemento, a tracción e as diferentes formas de propulsar un coche.
  2. Construción do coche:
    • Usaremos motores eléctricos, baterías, e otro material para darlle vida aos coches.
    • Coa axuda de ferramentas sinxelas, construíremos os vehículos asegurándonos de que sexan resistentes e orixinais.
  3. Carreira final:
    • Ao final do obradoiro, competiremos nun circuíto tolo onde a velocidade e a creatividade serán premiadas.

Obxectivos:

  • Fomentar a creatividade e o traballo en equipo.
  • Comprender principios básicos de ciencia, como a forza, a fricción e a enerxía.
  • Reutilizar materiais para promover a sustentabilidade.

Actividades destacadas:

  1. Deseño creativo:
    • Deseñar o coche, elixindo os materiais e o sistema de propulsión.
  2. Construción do vehículo:
    • Crear coches personalizados con materiais como cartón, botellas de plástico, rodas recicladas e motores.
  3. Circuíto «tolos»:
    • Probar os vehículos nunha pista con obstáculos, rampas e desafíos divertidos.

Idades recomendadas:

De 8 a 14 anos.


Duración:

1,5 horas.


Material necesario:

  • Motores eléctricos pequenos (opcional: globos e elásticos para propulsión alternativa).
  • Eixes e rodas.
  • Cartón, botellas de plástico, cinta adhesiva e pegamento.
  • Rotuladores e pinturas para decoración.

Por que participar?

Unha experiencia única onde ciencia, tecnoloxía e diversión se mesturan para crear algo incrible. «Autos Tolos» non é só un obradoiro, é unha aventura que celebra a creatividade, a aprendizaxe e o traballo en equipo.

Descrición:

Comments are closed.