E se o teu trebelle puidese acenderse? No obradoiro de e-Textil os nenos e as nenas descobren que a tecnoloxía tamén se pode tocar: tecidos, fíos conductores e pequenas luces LED convértense en proxectos creativos que deseñan e constrúen coas súas propias mans.
Aprender traballando en proxectos
Non hai teoría interminable: dende o primeiro minuto, cada participante pon mans á obra. Cos materiais sobre a mesa, deseña a súa propia peza —un distintivo, unha pulseira, unha figura luminosa— e vai descubrindo os conceptos básicos dos circuítos eléctricos mentres recorta, cose e conecta. O resultado é un obxecto persoal que se leva a casa… e que acende de verdade.
Para colexios e tempo libre
Obradoiros creativos pensados para dous contextos:
- Colexios: actividade complementaria que combina tecnoloxía, artesanía e pensamento creativo, adaptada a cada idade.
- Tempo libre: proposta de ocio educativo para campamentos, ludotecas e actividades de fin de semana.
Datos do obradoiro
- Duración: 1 hora e 30 minutos
- Materiais: incluídos (tecidos, luces LED, fíos conductores e elementos de deseño)
- Idades: adaptable a cada grupo
- Formato: no voso centro ou nas nosas instalacións
Galería do obradoiro
Queres levar o obradoiro de e-Textil ao teu colexio ou á túa actividade de tempo libre? Fala connosco e reservamos a data.









