Leader Dreams

loop

Obradoiro de e-Textil: imaxina, crea e ilumina

E se o teu trebelle puidese acenderse? No obradoiro de e-Textil os nenos e as nenas descobren que a tecnoloxía tamén se pode tocar: tecidos, fíos conductores e pequenas luces LED convértense en proxectos creativos que deseñan e constrúen coas súas propias mans.

Aprender traballando en proxectos

Non hai teoría interminable: dende o primeiro minuto, cada participante pon mans á obra. Cos materiais sobre a mesa, deseña a súa propia peza —un distintivo, unha pulseira, unha figura luminosa— e vai descubrindo os conceptos básicos dos circuítos eléctricos mentres recorta, cose e conecta. O resultado é un obxecto persoal que se leva a casa… e que acende de verdade.

Para colexios e tempo libre

Obradoiros creativos pensados para dous contextos:

  • Colexios: actividade complementaria que combina tecnoloxía, artesanía e pensamento creativo, adaptada a cada idade.
  • Tempo libre: proposta de ocio educativo para campamentos, ludotecas e actividades de fin de semana.

Datos do obradoiro

  • Duración: 1 hora e 30 minutos
  • Materiais: incluídos (tecidos, luces LED, fíos conductores e elementos de deseño)
  • Idades: adaptable a cada grupo
  • Formato: no voso centro ou nas nosas instalacións

Galería do obradoiro

Queres levar o obradoiro de e-Textil ao teu colexio ou á túa actividade de tempo libre? Fala connosco e reservamos a data.

Grupo de participantes de noite cos seus traxes de fío electroluminiscente: esqueleto, superheroína, meiga, home musculado e demo

Obradoiro de e-Textil: imaxina, crea e ilumina

Obradoiro de e-Textil de 1 hora e 30 minutos para colexios e tempo libre: tecidos, luces LED e fíos conductores para crear pezas luminosas aprendendo tecnoloxía de forma práctica.

🚗 AUTOS TOLOS!

Constrúe, personaliza e pon a proba o teu propio coche! Que pasaría se puideses deseñar e construír o teu propio coche, decidir como será e despois lanzalo a unha carreira tola? En Autos Tolos o alumnado convértese en pequeno equipo de deseño e enxeñaría. A partir de pezas LEGO e elementos de robótica, construímos vehículos,…

Contos en figuras luminosas

¡Vén a iluminar historias con a túa creatividade, arte, cultura e tecnoloxía! Este obradoiro combinará todo isto de forma moi divertida. Os participantes pod

¡La robótica llega al Campamento de Verano de Pantón!

Este lunes, de 10:00 a 14:00 horas, estaremos en el Campamento de Verano de Pantón con una mañana llena de creatividad, tecnología y diversión. Los participantes podrán disfrutar de dos de nuestras actividades más populares: 🤖 Taller de Robótica Aprenderemos a construir y programar robots de forma práctica y divertida, descubriendo cómo la tecnología puede…

WhatsApp